Benvidos á paxina web do Departamento de teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
O profesorado do departamento imparte docencia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, concretamente nas titulacións de Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e os mestrados en Enxeñaría de Telecomunicación y en Matemática Industrial, e engloba diferentes grupos de investigación que participan en numerosos proxectos I+D+i, financiados tanto en convocatorias públicas competitivas (fondos FEDER, proxectos de investigación do Plan Nacional, Xunta de Galicia) como polo sector privado.