O grupo traballa en dúas liñas de investigación prioritarias. A primeira delas consiste no deseño e análise de estratexias de estimación de parámetros para sistemas de comunicación dixital. A outra liña cubre o estudo e implementación de dirty paper coding (técnica para a transmisión eficiente de datos dixitais a través dunha canle sometidos a algunha interferencia coñecida para o transmisor), centrado nas comunicacións e marcas de auga. Ademáis destas, GSPC está desenvolvendo de maneira incipiente unha nova liña de investigación adicada ás redes de sensores.
Traballo de Investigación
O grupo conta con sete proxectos internacionais entre os que destacan “SatNex II Satellite Communications Network of Excellence”, “REWIND: Reverse Engineering of Audio-visual Content Data”, “CHIST- ERA: European Coordinated Research on Long-term Challenges in Information and Communication Sciences and Technologies” e “European Network of Excellence in Cryptology (ECRYPT)”.
Máis información na web de atlanTTic