Departamento T14

Investigación

O Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo desenvolve unha importante actividade de I+D+i para a empresa. Isto débese en parte á horizontalidade das Tecnoloxías das Comunicacións, que son aplicables en numerosos sectores industriais e de servizos, pero tamén é froito da dispoñibilidade no Departamento de recursos materiais e de recursos humanos que acumulan una experiencia de moitos anos neste tipo de proxectos.

O Departamento ten unha ampla experiencia en relación con empresas e institucións de distinta índole. Dende o ano 2001 ten participado en máis de 200 proxectos entre actividades contratadas, licencias e informes, valorados en máis de 7 millóns de euros, o que ven a demostrar a súa competencia dentro do mundo da empresa.


Grupos de Investigación nos que participa o noso persoal