Departamento T14

Grupo de Dispositivos de Alta Frecuencia

As principais actividades de I+D do grupo están relacionadas coas tecnoloxías de radiofrecuencia (RF) e microondas. En concreto, centranse no modelado lineal e non lineal e a caracterización experimental de dispositivos activos e circuitos de microondas, o deseño de circuitos híbridos e monolíticos de microondas, e o deseño de circuitos de RF para comunicacións vía radio.


Traballo de Investigación


O traballo de I+D realizado nos últimos anos está orientado a catro liñas de investigación, principalmente:

  • Modelado lineal e non lineal, e caracterización experimental de dispositivos activos semiconductores e circuitos MIC (Microwave Integrated Circuits), tanto en oblea como encapsulados.
  • Deseño de circuitos MIC, híbridos e monolíticos, para aplicacións de microondas.
  • Medidas de gran sinal (calibradas vectorialmente) en RF e microondas, con excitación monotono e multitono en distintos entornos de impedancia terminal (load-pull activo e pasivo).
  • Deseño de circuitos de RF para comunicacións vía radio: amplificadores de potencia, filtros, combinadores, duplexores, etc.

Máis información na web de atlanTTic