O grupo centra as súas actividades nas seguintes liñas de investigación: a certificación do cumprimento dos niveis electromagnéticos das estacións de radio, a propagación en frecuencias de ondas milimétricas e a medición e caracterización da canle de radio.
Traballo de Investigación
A investigación de SR está orientada ao estudo dos sistemas de comunicación de radio en contornas reais. A súa experiencia no deseño e instalación deste tipo de sistemas é o resultado de proxectos dirixidos ao desenvolvemento de prototipos diversos, tales como os sistemas de comunicación de frecuencias de ondas milimétricas (40 GHz) e de microondas (5,8 e 2,4 GHz).
Máis información na web de atlanTTic