O grupo centra as súas actividades no campo do procesamento de sinais e manten liñas de investigación activas nas áreas de tecnoloxías de voz, acústica e procesamento de son e imaxes.
Traballo de Investigación
GTM desenvolve seis liñas principais de investigación: acústica e procesamento de son, biometría, procesamento de documentos, procesamento de imaxes e visión artificial, tecnoloxías multimedia de comunicación e tecnoloxía de voz.
O traballo do grupo ten sido difundido a través dunha ampla gama de medios, incluíndo a publicación de artigos en revistas especializadas e contribucións a congresos, todo isto a nivel internacional. Ademáis, ten participado en máis de 30 proxectos financiados con fondos públicos.
Máis información na web de atlanTTic